PLENO
Investimentos de récord e impostos conxelados no 2026 en Oroso
O Concello non subirá as taxas do lixo nin da auga

Sesión plenaria de Oroso na que se aprobaron os orzamentos de 2026. / Cedida
O pleno do Concello de Oroso aprobou os orzamentos de 2026 por un total próximo aos 9 millóns de euros. Unhas contas que, segundo o alcalde, Álex Doval (PP), caracterízanse por "un equilibrio orzamentario estrito, sen incrementar débeda nin gasto corrente".
Ademais, non se subirán impostos municipais nin tampouco a taxa do lixo. O Concello asumirá o incremento de tarifas externas, como a da auga, evitando que repercutan nos petos das familias.
Por outra banda, 1,9 millóns de euros adicaranse a investimento real, o que supón un incremento do 21% respecto ao ano anterior, de xeito que "un de cada cinco euros do orzamento destinaranse a investimento, un esforzo extraordinario para un municipio da nosa dimensión", afirmou o rexedor.
As actuacións previstas centraranse na mellora e posta en valor dos espazos públicos, na modernización das infraestruturas municipais, e na cohesión social e participación cidadá.
Son uns orzamentos que, segundo o goberno local, "responden a un modelo de vila moderna, sostible e centrada nas necesidades reais da veciñanza". O alcalde subliñou que "son unhas contas responsables, equilibradas e pensadas para seguir transformando Oroso e protexer ás familias".
Coas achegas pendentes da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para proxectos xa comprometidos, o volume total de investimento no municipio superará os 3,3 millóns de euros, converténdose nun dos exercicios con maior capacidade inversora da última década.
Plan Estratéxico de Subvencións
A Corporación tamén aprobou por unanimidade o Plan Estratéxico de Subvencións 2025–2027 e o POS Adicional de Gastos Sociais, reforzando o compromiso municipal co tecido asociativo, as familias e os colectivos máis vulnerables.
Por outra banda, as tres mocións presentadas polos grupos municipais foron aprobadas, dúas do PP e outra do PSOE, coincidindo todas na necesidade de instar ás administracións competentes a reforzar investimentos, servizos e infraestruturas en Oroso, garantindo unha mellor resposta ás demandas cidadás.
O goberno de Oroso valora "positivamente o ton da sesión" e destaca que "estes acordos permiten continuar avanzando na boa dirección, cun modelo de xestión responsable, eficaz e centrado no interese xeral".
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques