INFRAESTRUTURAS
A Xunta xa ten plan para acabar coa acumulación de area no acceso a Muxía
Derrubará dous muros, unha proposta que o BNG dubida da súa efectividade

Un vehículo circulando por enriba da area acumulada na estrada, en Muxía. / BNG
A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) tentará poñer solución ao problema persistente de acumulación de area procedente da praia da Cruz na estrada AC-440, á entrada de Muxía.
A directora da AXI, María Deza, en resposta a unha pregunta plantexada no Parlamento polo deputado do BNG Oscar Insua, avanzou que as actuacións propostas consistirán na eliminación dos muros de formigón e de madeira que separan a praia da estrada, nos que se vai acumulando a area.
"Veremos os efectos, pero a priori parece que as medidas non van ser moi efectivas, porque a area seguirá remontando a estrada mentres sopre o vento”, afirmou Oscar Insua, quen ademais apremiou ao Concello de Muxía e a Costas do Estado a contestar as solicitudes remitidas a estas administracións para que emitan os informes necesarios para que a AXI poida executar as obras canto antes.
A día de hoxe, engadiu, "a area atópase acumulada nas beirarrúas da estrada, o que fai que os viandantes teñan que transitar pola mesma porque non poden ir pola beirarrúa, o que supón un risco para a súa seguridade viaria", polo que solicitou que se proceda a retirala o antes posible por parte da AXI, "que é quen ten as competencias en mantemento da AC-440 sen esperar a que ocorra unha desgraza por atropelo".
Estudo de resiliencia costeira
Así mesmo, Insua pediu que a Xunta de Galiza faga un estudo de resiliencia costeira que permita considerar os riscos asociados aos efectos do cambio climático, tanto no deseño dos instrumentos de ordenación coma na adopción de decisións sobre os usos do litoral, tal e como recolle a Lei 4/2023 de ordenación e xestión integrada do litoral de Galiza.
Pola súa banda, a portavoz municipal do BNG de Muxía, Mercé Barrientos, manifestou que "levamos tempo pedindo que se actúe na AC-440 desde Berdoias ata Muxía" e sinalou que "hai tres organismos implicados nesta situación: a Xunta, Costas e o Concello de Muxía, e non é certo que a Administración autonómica estea a realizar limpezas periódicas na estrada, xa que quen acometeu estes labores nalgún momento foi o Concello".
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo