Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CINEMA

Araceli Gonda protagoniza ‘Expertas de seu’ co filme ‘18 comidas’

A cita é no centro cultural de Bugallido ás 19.00 horas

Araceli Gonda participará nun coloquio cos asistentes á proxección.

Araceli Gonda participará nun coloquio cos asistentes á proxección. / Cedida

Redacción

Ames

A Asociación Centro Cultural Mahía continúa co ciclo Expertas de seu, unha proposta que pon en valor o talento e a mirada das creadoras galegas. Este domingo, ás 19.00 horas, o centro cultural de Bugallido (Ames) acollerá unha nova sesión dedicada integramente á recoñecida guionista Araceli Gonda, unha das voces máis destacadas do audiovisual galego contemporáneo.

A xornada inclúe a proxección do filme 18 comidas, dirixido por Jorge Coira, e cun guión que asinan Gonda, Coira e Diego Ameixeiras. É unha obra emblemática no cinema galego pola súa proximidade e polo seu retrato coral das emocións cotiás.

Haberá un coloquio conducido pola actriz e comunicadora Iria Sobrado, no que a convidada abordará o seu proceso creativo, as claves da súa traxectoria e a importancia de construír relatos e representacións que amplíen a presenza das mulleres no sector audiovisual e na cultura.

Esta segunda xornada inscríbese nun ciclo máis amplo que, ao longo de tres domingos, explora o vínculo entre feminismo, arte e galeguidade, a través de conversas íntimas e creación en directo. Pecharase o 14 de decembro cun arte-coloquio da música, escritora e produtora Cristina Pato.

Tracking Pixel Contents