Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CAMPAÑA

Bonos Consuma con ata cincuenta euros de desconto en Ames

O obxectivo é impulsar o comercio local e axudar aos veciños

A iniciativa pretende promocionar as vendas no comercio local.

A iniciativa pretende promocionar as vendas no comercio local. / Cedida

Redacción

Ames

A Concellería de Promoción Económica de Ames retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería locais.

A edición deste ano de Bonos Consuma, con descontos de ata 50 euros, busca impulsar o consumo local e servir de axuda aos veciños e comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal entre o 1 e o 15 de decembro, ambos incluídos. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026.

Na iniciativa colaboran Xuntanza de Empresarios de Ames, Asociación de empresarios Novo Milladoiro e Asociación de pequenos comerciantes Viorneira Palmira Bulebar.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou que «trátase dunha iniciativa que ano tras ano xera un volume de negocio moi importante». En 2023 acadouse un total de 258.842 euros e en 2024 chegouse á 248.463 euros. Na edición de 2024 o crédito esgotouse en menos dun mes «o que é unha clara mostra do éxito desta campaña», engadiu.

Paralelamente, adiantou actuacións específicas no Milladoiro para revitalizar o comercio da rúa Rosalía de Castro.

Tracking Pixel Contents