TRÁFICO
Dous accidentes provocados por xabarís en Ames
Os sinistros, sen feridos, tiveron lugar en Pousada

Vehículo accidentado na estrada entre Lens e Oca. / Protección Civil Ames
Os voluntarios de Protección Civil de Ames viviron una axitada noite do venres, debido a varios accidentes de tráfico acontecidos entre as 19.00 e as 20.00 horas, dous dos cales foron provocados por xabarís.
Os sinistros derviados da presenza de xabarís na vía tiveron lugar en Pousada e, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Dende Protección Civil aseguran que nas últimas semanas "estamos tendo numerosas saídas debido á presenza destes animais nas vías locais".
A maioría dos percances acontecen na estrada AC-544, que une Bertamiráns e Negreira, e tamén na vía que conduce a Tapia, á altura de Vilar.
Por outra banda, na noite do venres os voluntarios tamén tiveron que intervir noutro accidente, debido a unha saída de vía na estrada entre Lens e Oca, sin que se rexistrasen feridos.
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Venden en cuatro horas 320 entradas para recibir el año en el pabellón de Bertamiráns
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- De construcción más alta de Europa a reclamo turístico: avanza la protección de la chimenea de As Pontes