PATRIMONIO
A Praza de Galicia da Estrada recuperará a antiga fonte
Os vehículos relegárona á alameda e despois foi retirada

Imaxe antiga da fonte estradense na Praza de Galicia. / Cedida
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, anunciou que o Concello está traballando cos equipos técnicos para recuperar a antiga fonte da Praza de Galicia. Unha actuación que se incluirá no proxecto de remodelación e peonalización.
«A comezos do século XX non había farol na Praza de Galicia, pero sí que había unha fonte que naceu nesta praza e que, despois, cando os vehículos comezaron a gañar presenza no espazo público, se moveu para a alameda».

Fonte orixinal da Praza de Galicia, da Estrada. / Cedida
Coa reforma dos xardíns municipais, retirouse e foi gardada, «e agora queremos devolver á fonte a este espazo», afirmou Louzao.
O rexedor sinalou que «forma parte do imaxinario colectivo dos estradenses e naceu aquí, aínda que todos a podemos lembrar na alameda». Aclarou, non obstante, que «non será a mesma que amosan as fotos máis antigas, pois foi modificada décadas atrás».
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Venden en cuatro horas 320 entradas para recibir el año en el pabellón de Bertamiráns
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- De construcción más alta de Europa a reclamo turístico: avanza la protección de la chimenea de As Pontes