Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XUNTANZA

Alcer avoga dende Ames por normalizar a doazón de órganos

Unhas 130 persoas participaron nun congreso informativo

Concerto de gospel celebrado no auditorio de Bertamiráns.

Concerto de gospel celebrado no auditorio de Bertamiráns. / Cedida

Ames

A Federación Alcer Galicia organizou en Ames un encontro para visibilizar a importancia do coidado renal, a prevención das enfermidades do ril e a sensibilización arredor da doazón de órganos.

O sábado celebrouse un concerto de gospel, da man do coro Gospel Vida, que reuniu 90 persoas e combinou espectáculo, emoción e unha forte mensaxe de solidariedade. O público respondeu cunha gran acollida e recadáronse máis de 1.000 euros con fins benéficos.

Alfredo Saborido, coordinador de Alcer Galicia, destacou a necesidade de darlle visibilidade e de normalizar no debate público a cuestión da doazón de órganos.

«É algo que deberiamos ter decidido con antelación e non deixar a responsabilidade nun familiar que debe tomar a decisión nun momento de tremenda dor. Falamos a diario de herdanzas, pisos, bens... pero moi pouco do que podemos facer coa nosa ferramenta máis prezada, que é o noso corpo, e que pode facer que outras persoas poidan manter o seu proxecto de vida», afirmou.

Onte celebrouse un congreso informativo e divulgativo, ao que asistiron 130 persoas. Durante as sesións abordáronse aspectos clave sobre a enfermidade renal, hábitos de vida saudables, avances terapéuticos e o valor esencial da doazón como oportunidade de vida para milleiros de pacientes.

O alcalde, Blas García, destacou a importancia da prevención na loita contra as enfermidades do ril, así como a resiliencia das persoas que se enfrontan a elas.

Tracking Pixel Contents