PROGRAMACIÓN
Luces, encontros e emocións farán brillar Vimianzo no Nadal
O Concello reforza o compromiso coa cultura e a dinamización local

A alcaldesa, no centro, na presentación do programa de Nadal de Vimianzo. / Cedida
O Nadal chega a Vimianzo cargado de actividades para todos os públicos que encherán as rúas de vida, maxia e espírito festivo. "Trátase dunha programación que reforza o noso compromiso coa cultura, o comercio local e a dinamización social, consolidando Vimianzo como un referente na Costa da Morte durante unhas datas tan especiais coma estas", sinalou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, na presentación da programación.
O acendido do alumeado marcará o comezo do Nadal. Será o venres 5 ás 20.00 horas na praza do Concello. No momento de premer o botón iluminarase a gran carpa, onde tamén terá lugar o espectáculo Tibu e os seus amigos e unha gran chocolatada de balde. Procederase, do mesmo xeito, á apertura do Recuncho Gastronómico.
O día 6 terá lugar a presentación da campaña Mercabolas, pensada para dinamizar a actividade no comercio de proximidade nestas datas tan importantes. E o día 12 darán comezo os Cantos de Nadal, que ata o día 22 irán percorrendo as parroquias.
Este ano o teatro será o gran protagonista. Teresa, Sara e Caridad, integrantes de Teté Teatro, serán as encargadas de divertir aos veciños e veciñas cos seus sketchs. O grupo de gaitas O Revoltixo de Carantoña encargarase de poñer o toque musical.
O luns 15 abrirá a pista de xeo e, ao día seguinte, Papá Noel establecerá comunicacións por videoconferencia cos pequenos e pequenas de Vimianzo. O 23, ás 11.00 horas, acenderase o Cepo de Nadal na lareira do castelo.
Un ano máis o Concello organizará o Concilia Nadal os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 e 7 de xaneiro, no que os pequenos e pequenas poderán gozar de actividades lúdicas coas que se busca favorecer a conciliación laboral e familiar.
Casa da Cultura e Auditorio
A Casa da Cultura e o Auditorio tamén serán espazos moi sinalados durante o Nadal. O día 6 de decembro, de 18.30 a 21.00 horas, acollerá o monólogo Aquí tou, de José A. Touriñán.
O día 21 terá lugar o espectáculo As lambetadas de Nadal, de Os Bolechas; e o día 26, de 17.00 a 19.30 horas, o musical infantil The Grinch. Un cuento de Navidad. As entradas para este espectáculo pódense adquirir en ataquilla.com.
A Sala de exposicións Antón Mouzo acollerá a entrega de premios do concurso de fotografía Luz na soidade o día 19 e de postais de Nadal o día 21.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- La Rúa dos Loureiros estrena una pequeña plaza y abre al tráfico
- Un fuerte accidente entre dos coches se salda con una mujer herida en Vidán
- La joven promesa musical de Milladoiro: 'Sempre quixen ser violinista
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»