Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

25-N

Rois acende candeas en memoria das mulleres asasinadas

Os actos complementáronse cunha representación teatral

Acendido de candeas en memoria das mulleres asasinadas.

Acendido de candeas en memoria das mulleres asasinadas. / Cedida

Rois

O Concello de Rois conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cun acto no auditorio no que a concelleira Mercedes Basante deu lectura ao manifesto institucional. Asistiron tamén os concelleiros Victoria Quiroga e Manuel Cobas, así como o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira padronesa Laura Horta.

Mercedes Basante incidou así mesmo na necesidade de reforzar os mecanismos legais e de protección, e condenou «a quen nega ou minimiza esta realidade».

Ao finalizar a lectura, acendéronse candeas en memoria de cada unha das mulleres asasinadas neste 2025 e os asistentes gardaron un minuto de silencio.

O acto complementouse coa representación teatral Sen lingua, da compañía Serea Teatro, unha obra que convidou as numerosas persoas asistentes a reflexionar sobre as diferentes formas de violencia.

Tracking Pixel Contents