XUNTANZA
Os sidreiros da Estrada queren mecanizar a recollida de mazá
Avogan por renovar plantacións e potenciar a vertente turística da sidricultura

O alcalde e o director xeral cos produtores de mazá e sidra da Estrada. / Cedida
Representantes do sector da mazá e da sidra da Estrada trasladaron ao director xeral de Agricultura, José Balseiros, a necesidade de avanzar polo camiño da mecanización, incidindo especialmente na incorporación desta maquinaria para efectuar a recollida da mazá, xa que cada tempada se enfrontan á escaseza de man de obra.
A isto engadiron o feito de que «a maioría das plantacións teñen máis de 20 anos, polo que se precisa facer novos cultivos e que o marco de plantación permita a mecanización».
No que respecta á produción de sidra, o sector entende que o camiño a seguir inclúe a aposta pola vertente turística da sidricultura para conformar «unha alternativa económica viable». Propoñen combinar a Ruta da Sidra pola que apostou o Concello da Estrada co desenvolvido no programa Camiño da Sidra por parte de asturianos e vascos.
Precisamente, optimizar as producións, coñecer as novas tendencias na elaboración de sidras e afondar no aproveitamento da sidricultura foron os tres eixos que marcaron a recente viaxe a Asturias, Cantabria e o País Vasco, na que participaron produtores de mazá e sidra da Estrada co respaldo Xunta, e da que fixeron balance na xuntanza, na que participou tamén o alcalde, Gonzalo Louzao.
Nela deixaron claro que «hai demanda de mazá», segundo afirmou o técnico da asociación Maceira e Sidra, Miguel Soto.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza