Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os padroneses bótanse á rúa para celebrar o acendido das luces de Nadal

As bonecas Lareta-Magic Brothers e a charanga Mekánika Rolling Band animaron a festa con música e espectáculo ao aire libre

Milleiros de persoas gozaron do espectáculo.

Milleiros de persoas gozaron do espectáculo. / JUAN MARTINEZ

Padrón

Os veciños e veciñas de Padrón inundaron as rúas do municipio para dar benvida ao Nadal co acendido das luces. A partir das seis da tarde milleiros de persoas aplaudiron a nova iluminación e pasearon por todos os recunchos do municipio ao ritmo da charanga Mekánika Rolling Band, ao mesmo tempo que as Bonecas Lareta-Magic Brothers sacaban os sorrisos dos pequenos e maiores.

A celebración encheu de maxia ao municipio.

A celebración encheu de maxia ao municipio. / JUAN MARTINEZ

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e membros do goberno municipal percorreron as rúas do casco histórico acompañados polo alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e integrantes do seu equipo de goberno. O rexedor volveu resaltar a implicación das once empresas que colaboraron co Concello de Padrón aportando máis de 21.000 euros para mellorar a iluminación tanto no casco histórico como nas diferentes parroquias.

A música non podía faltar nesta cita.

A música non podía faltar nesta cita. / JUAN MARTINEZ

“Unha vez máis vemos como a colaboración público-privada beneficia a toda a cidadanía e permite reforzar en Padrón as iniciativas que dende o Concello lle propoñemos ás empresas da contorna”, asegurou o rexedor o día que recibiu aos representantes das firmas colaboradoras co alumeado de Nadal. Arca subliñou que os empresarios e empresarias “están sempre dispostos a botar unha man”, unha actitude que facilitará, “un ano máis, que Padrón volva ser un punto de referencia do Nadal en Galicia”.

Reparto dos bonos Padrón

Por outra banda, hoxe, 1 de decembro, arranca a distribución dos bonos Padrón. Os horarios de reparto serán dende ás 11.00 e ata as 18.00 horas nos baixos da escola de música, situada na praza da Igualdade. As persoas empadroadas na capital do Sar poderán retirar ata dous vales de 10 euros cada un para gastar nos máis de 60 comercios locais que colaboran na campaña. Cada tícket de 10 euros poderá empregarse en compras superiores ao 20 euros feitas ata o 31 de decembro.

Tracking Pixel Contents