Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames aposta polo potencial da música galega

O municipio acolleu a V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia

A xornada ten lugar na Casa da Cultura do Milladoiro.

A xornada ten lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. / Cedida

Ames

A Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) acolle hoxe a V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Esta actividade trata de crear ano a ano un espazo profesional de relación entre compañías de artes escénicas, bandas de música, promotoras, distribuidoras e profesionais da programación cultural para facilitar o labor de distribución, venda e contratación de espectáculos e actuacións musicais.

Nesta edición participan 36 compañías socias de Escena Galega e 12 bandas e artistas asociadas a AGEM, e ao longo da mañá presentáronse 17 propostas en formato showcase. Pola tarde, as agrupacións manterán xuntanzas rápidas enfocadas á promoción dos seus proxectos. Así, hai programados máis de 300 speedmeetings.

Na presentación da cita participaron Patricia de Lorenzo, presidenta de Escena Galega; e Patricia Hermida, presidenta de AGEM; que estiveron acompañadas de Jacobo Sutil, director de Agadic, quen financia a xornada, e Blas García, alcalde do Concello de Ames, que colabora no evento coa cesión das instalacións da Casa da Cultura do Milladoiro.

Número récord de profesionais inscritos

A presidenta de Escena Galega, Patricia de Lorenzo, fixo fincapé no numero de profesionais da programación inscritos nesta edición, que son 50 (a maior parte de Galicia oe outros de Portugal), é dicir, o número máis alto dende a súa posta en marcha. Ademais, Patricia Hermida, presidenta de AGEM destacou "as sinerxías creadas entre os dous sectores grazas a esta xornada en común".

Por outra banda, o alcalde de Ames, Blas García, comentou a importancia de que as administracións "se impliquen no coidado e promoción da cultura" e destacou o éxito dos bonos culturais do Concello de Ames.

Tracking Pixel Contents