Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AUTOMÓBIL

A Semana Tola de Feirauto trouxo a Baio compradores de Padrón e Xinzo de Limia

A edición pechouse con 25 vehículos vendidos

Julio Lema, cun dos coches vendidos na Semana Tola, de Feirauto.

Julio Lema, cun dos coches vendidos na Semana Tola, de Feirauto. / Cedida

Zas

A Semana Tola de Feirauto, en Baio (Zas), saldouse con 25 vehículos vendidos e varias operacións abertas que os concesionarios confían en pechar nos vindeiros días.

"Foi unha edición moi boa", afirma Julio Lema, un dos organizadores. Ata Baio achegáronse compradores non só da Costa da Morte, senón tamén doutros puntos de Galicia, como Padrón ou mesmo Xinzo de Limia (Ourense).

Ademais, segundo Julio Lema, as vendas foron moi diversas. "Vendín, entre outros, tres furgonetas, un BMW X6 e un Volkswagen T-Rock, polo que a demanda foi variada", engadiu. Sinalar tamén que cada comprador levou co seu coche un bono de 200 euros para combustible.

O formato de portas abertas que vén adoptando Feirauto nas últimas edicións está a resultar un éxito. "As exposicións son moito máis vistosas, pero este modelo é máis efectivo para nós", subliña Julio Lema.

A organización correu, un ano máis, a cargo da Asociación do Automóbil de Baio coa colaboración da Federación de Empresarios de Costa da Morte (Fecom) e do Concello de Zas. Os concesionarios participantes foron Talleres Manuel Montes, Automóviles Celmar e Talleres J. Lema.

Tracking Pixel Contents