INFRAESTRUTURAS
Tecnoloxía 3D para solucionar os problemas de seguridade no porto de Malpica
Portos e Universidade da Coruña investigarán a axitación no interior da dársena

No 2020 Portos recurreu a un radar para facer medicións no porto de Malpica. / X. G.
Portos de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) investigarán solucións ao problema de axitación no interior da dársena de Malpica empregando un modelo físico en tres dimensións. O Consello da Xunta autorizou a iniciativa, á que se adicarán 262.000 euros.
O obxectivo é definir unha solución técnica definitiva para a problemática de onda longa que presenta o porto de Malpica e que xera fortes correntes, en especial dentro das comportas.
A participación da FUAC permitirá o uso da dársena multidireccional 3D do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), co que se «introduce unha compoñente de innovación de grande importancia nesta problemática, fronte aos modelos matemáticos», afirman dende Portos.
O estudo desenvolverase nun prazo de 10 meses e afondará no coñecemento científico sobre o fenómeno da onda longa, moi pouco estudado ata o momento e que non se tiña en conta na construción das infraestruturas portuarias que permanecen en uso na actualidade.
O obxectivo último deste traballo "é definir a solución técnica que reforce a operatividade da dársena de Malpica e mellore as condicións de traballo dos profesionais do mar deste porto", subliñan dende a Xunta.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques