HOMENAXE
Corcubión lembra a Pepe Miñóns no 89 aniversario do seu fusilamento
O Concello organizou unha ofrenda floral e unha exposición

Participantes na ofrenda floral a Pepe Miñóns en Corcubión. / Cedida
O Concello de Corcubión organizou unha homenaxe a Pepe Miñóns, empresario e político corcubionés asasinado en 1936 polas forzas franquistas. Coincidindo co 89 aniversario do seu fusilamento, quedou inaugurada na Casa da Cultura unha exposición biográfica sobre a súa figura, que estará dispoñible ata o 15 de decembro.
Ademais, levouse a cabo unha ofrenda floral no monólito de Pepe Miñóns, na Praza Castelao. Un acto encabezado polo alcalde Xabier Domínguez Traba, que lembrou a figura do homenaxeado, e ao que tamén acudiron membros da corporación municipal e veciñanza de Corcubión e da comarca.
O rexedor corcubionés salientou que “Pepe Miñóns foi un home profundamente ligado á historia do noso concello e ao noso país; un home que, coa súa vida e coa súa traxectoria, simbolizou o compromiso coa liberdade, co progreso e coa dignidade democrática nun tempo no que defender estes valores supoñía un acto de enorme coraxe, pero que viu a súa vida brutalmente interrompida pola represión franquista”.
Xabier Domínguez sinalou que Miñóns destacou “como avogado, intelectual e deputado, e traballou sempre pensando nunha Galiza máis xusta, máis culta e máis humana”, e subliñou que lembrar a súa memoria “é asumir a responsabilidade de non esquecer”.
“Que este acto sirva para manter viva a súa memoria e para reafirmar o noso compromiso co que el representou. Porque Pepe Miñóns non é só un nome na historia: é un exemplo que continúa iluminando o noso presente”, concluíu o alcalde.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos