MOBILIDADE
A Xunta reforza a seguridade viaria na rúa Mixirica de Fisterra
Inviste 45.400 euros na construción dunha beirarrúa peonil

O conselleiro Diego Calvo e o alcalde, Luis Insua, asinando o convenio. / X. G.
A Xunta colabora co Concello de Fisterra na construción dunha beirarrúa peonil na rúa Mixirica e no arranxo da capa de rodadura no vial. Segundo o acordo, o Goberno galego asume o 100% do investimento cunha achega de máis de 45.400 euros.
O obxectivo é garantir a seguridade da veciñanza. Ademais, existen dous portais e garaxes nos edificios de nova construción.
Así, os traballos, que xa se están executando e a piques de rematar, consistiron principalmente na escavación do ancho da beirarrúa, na colocación do bordo, na reposición do firme do arcén lateral, e na execución do pavimento con base de formigón e baldosa nas dúas entradas aos garaxes.
A iniciativa enmárcase no compromiso do Goberno galego coas administracións locais, como entidades máis próximas á cidadanía. Nesta liña, a Xunta impulsou no que vai de ano preto dun milleiro de actuacións municipais a través de liñas específicas de apoio ao eido local.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago