DISTINCIÓN
Alberto Lista: «A cerámica está máis de moda que nunca»
O oleiro de Buño gañou do Premio de Artesanía de Galicia

Alberto Lista, esquerda, o conselleiro José González, e Jonatan Sarachaga. / X. G.
O Premio Artesanía de Galicia 2025 leva o selo da olería de Buño. Alberto Lista, un dos oleiros máis novos, fíxose co prestixioso galardón con Nemein, un xogo de té en gres branco e mate que se complementa cunha funda de coiro negra, obra do taller Coiro Tres Pés, de Jonhathan Sarachaga, de Campañó (Pontevedra).
«Estamos marabillados; foi unha sorpresa, pois non contábamos con isto vendo o alto nivel das obras deste ano», afirmou Alberto. «Iso danos optimismo para continuar facendo o que máis nos gusta», engadiu. Agradece a colaboración de Jonathah, «pois sen a súa aportación non acadaríamos este premio».

Xogo de té 'Nemein' distinguido co Premio de Artesanía de Galicia 2025. / Cedida
O galardón, dotado con 9.000 euros, recoñece por primeira vez unha peza colaborativa de dous obradoiros. «É un proxecto enfocado á hibridación de distintas artesanías, o que nos permite crear produtos diferentes, e agardo que sexa un punto de partida para novos plans de colaboración con outros artesás, porque iso permite crear obras moi interesantes», afirmou o oleiro de Buño.
Alberto Lista iniciouse no mundo da olería con só 15 anos no Taller Lista, que rexenta seu pai, e agora conxuga a actividade creativa en barro coa ensinanza, como profesor de Cerámica na Escola Municipal de Oleiros.
Con só 31 anos, xa é un «veterano» oleiro, pois leva máis de quince anos amasando e moldeando o barro de Buño. Asegura que «a cerámica está máis de moda que nunca» e, dende os seus comezos, vén apostando pola innovación e a creación de produtos cada vez máis personalizados.
De feito, engade, agora «practicamente traballamos baixo pedido», e un dos principais clientes do seu obradoiro é o sector hostaleiro. «Facemos vaixelas para restaurantes, algúns deles con Estrella Michelin, que apostan por personalizar os seus servizos e buscan pezas que se adapten ao seu concepto de restauración».
As pezas do Obradoiro Lista están presentes, non só en tendas e restaurantes galegos, senón tamén doutros puntos de España e, «puntualmente, tamén fixemos envíos a Estados Unidos e Alemaña», sinalou Alberto.
Mirando a futuro, «o obxectivo é manter a tendencia positiva que está a vivir a olería e darlle visibilidade, sobre todo entre a xente moza, porque cando se coñece o traballo e as horas de adicación que hai detrás de cada peza a xente valora moi máis a artesanía».
Exposición en Vimianzo
Quenes desexen coñecer de preto o bo facer de Alberto Lista poden achegarse a partir do xoves ao Castelo de Vimianzo, onde se poderá ver unha exposición na que o público atopará múltiples pezas que reivindican a olería non só como expresión artística, senón tamén como parte do patrimonio, a cultura e as prácticas rituais.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos