Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TEATRO

Cee celebra os cincuenta anos de España en liberdade coa obra 'As alumnas'

Ao acto sumáronse o delegado do Goberno, o subdelegado e a alcaldesa

Pedro Blanco, esquerda, Julio Abalde, Margot Lamela e Paula Carballeira, en Cee.

Pedro Blanco, esquerda, Julio Abalde, Margot Lamela e Paula Carballeira, en Cee. / D. G.

Cee

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, defendeu en Cee que a cultura é “a mellor expresión dos dereitos e liberdades acadadas nestes 50 anos en España” e reivindicou o seu papel como "instrumento para fortalecer a democracia".

Fíxoo coincidindo coa representación da obra teatral As Alumnas, que forma parte da programación impulsada pola Delegación do Goberno en Galicia e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade.

Cee é a segunda parada da xira deste espectáculo teatral por cinco localidades galegas, que comezou en Antas de Ulla (Lugo), e que rematará o día 9 en Redondela. O delegado invitou á cidadanía a participar destas representacións e do resto de actos programados ata fin de ano en coincidencia co mes de novembro e tamén coa celebración do 47º aniversario da Constitución Española.

Antes da representación, Pedro Blanco agradeceu á alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, a colaboración do goberno local nesta actividade, á que tamén asistiu o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde.

Lembrou que o Goberno impulsa este ano a conmemoración da chegada da democracia hai 50 anos para "reivindicar a gran transformación acadada neste tempo, e homenaxear a todas as persoas e colectivos que a fixeron posible".

Estudantes e colectivos sociais e veciñais

As representacións están principalmente dirixidas á comunidade educativa (secundaria) e colectivos sociais e veciñais destes concellos, pero tamén están abertas ao público xeral e son gratuítas. Todas elas integran a representación da obra seguida dun monólogo da autora, Paula Carballeira, que interactúa co público arredor desta historia.

No caso de Cee, asistiron alumnos dos IES Fernando Blanco e Agra de Raíces, aos que se uniu o alumnado do IES Fin do Camiño de Fisterra. Ademais, asistiron persoas pertencentes a asociacións sociais e asistenciais como Paseniño, Aga, Afafes, Reiseñores, Aspadex e do Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte.

Tracking Pixel Contents