Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PRESENTACIÓN

Costa da Morte: terra de oportunidades para un desenvolvemento sostible

O GDR fomenta o emprendemento con exemplos inspiradores

Vila, esquerda, Pena, González e Sánchez na presentación en Baio.

Vila, esquerda, Pena, González e Sánchez na presentación en Baio. / Cedida

Zas

O centro sociocultural de Baio (Zas) acolleu a presentación oficial dos vídeos do proxecto Tierra de Oportunidades 2025 – Costa da Morte, unha iniciativa impulsada pola Asociación Costa da Morte - GDR co financiamento de CaixaBank.

Os protagonistas: Ana Trasariz, Casa da Marola, Despensa D’Lujo, Espazo Nature e Lar de Canedo compartiron as súas experiencias e reflexionaron sobre a importancia da innovación e do emprendemento no rural.

Con esta iniciativa, o GDR Costa da Morte continúa o seu labor de apoio ao tecido emprendedor e de difusión de exemplos inspiradores que contribúen ao desenvolvemento sostible da comarca. O encontro reuniu a preto de 50 persoas, entre emprendedores, representantes institucionais e veciñanza interesada no desenvolvemento rural.

O acto complementouse cunha mesa redonda sobre axudas públicas, moderada por Dolores Pena Pena (Afiprodel), coa participación de Rosa Sánchez Martínez, ADL do Concello de Vimianzo; Guillermo González Díez, xerente do GALP Costa da Morte; e José Antonio Vila García, xerente do GDR Costa da Morte

Analizaron as oportunidades de financiamento existentes para proxectos emprendedores, así como os retos actuais do territorio en materia de desenvolvemento económico e social.

O presidente do GDR, Manuel Muíño, pechou o acto agradecendo a colaboración de Caixabank para o desenvolvemento deste programa e destacou “o potencial transformador do emprendemento no noso rural e o compromiso da Costa da Morte co seu propio futuro”.

Tracking Pixel Contents