LITERATURA
Guadalupe Vázquez adéntrase na poesía con 'O paraíso prohibido'
A escritora ceense aborda a antítese fealdade-beleza

Guadalupe Vazquez co seu poemario 'O paraíso prohibido' / Cedida
A mestra e escritora Guadalupe Vázquez Formoso, de Cee, estrease no mundo da poesía coa obra O paraíso prohibido, que ademais inaugura a colección poética Merakiliteraria, de Kamarada Editorial, coordinada por Olalla Estévez.
Tratáse dun poemario co que Guadalupe pon a primeira pedra dun proxecto no que pretende abordar, a través da poesía, os sete pecados capitais. Esta primeira obra, de preto de corenta poemas, está adicada á luxuria e "explora a antítese fealdade-beleza", afirma a autora.
Para iso, recorre a peixes abisais, aves necrófogas ou serpes de lingua bífida, "seres estéticamente desagradables pero que tamén agochan beleza", afirma Guadalupe.
Este é o seu décimo libro publicado, o primeiro de poesía. Foi un chamamento nas redes sociais do escritor José Estévez o que animou a Guadalupez Vázquez a crear o seu primeiro poemario, co que "ademais teño a honra de ser a que inaugure a colección de poesía, como tamén o fará Iria López en narrativa". O segundo número poético que verá a luz levará a sinatura do propio José Estévez.
Kamarada Editorial, de Castroverde, naceu para dar visibilidade a obras de escritores noveis e, no caso de Guadalupe, como debutante no eido poético.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques