Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Medio millón para afianzar o modelo eficiente do Parador Costa da Morte

Renovaranse interiores e zonas comúns e disporá de placas fotovoltaicas

Julio Abalde, esquerda, Valentín González e Julio Castro no Parador de Muxía.

Julio Abalde, esquerda, Valentín González e Julio Castro no Parador de Muxía. / D. C.

Muxía

A rede de Paradores investirá máis de medio millón de euros en melloras interiores, na renovación de zonas comúns e na instalaión de placas fotovoltaicas no Parador Costa da Morte, ubicado en Muxía. Así o confirmou o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, durante a súa visita ao establecemento hoteleiro, acompañado do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, onde foron recibidos polo director, Julio Castro.

Puntos Violeta

«Falamos dun investimento que consolida un modelo turístico sustentable, eficiente e respectuoso co territorio», afirmou Abalde. Ademais, o Parador incoporarase á rede de Puntos Violeta, unha iniciativa destinada a ofrecer acompañamento e axuda a mulleres vítimas de violencia de xénero. «Este paso reafirma o compromiso da Administación coa igualdade e coa creación de contornos seguros. É unha mensaxe clara: aquí as mulleres contan con apoio e protección».

Aberto 10 meses ao ano

Abalde confirmou ademais que o Parador Costa da Morte abrirá 10 meses ao ano, reducindo o peche a só dous meses —do 1 de xaneiro ao 26 de febreiro—, tal e como anunciara a presidenta de Paradores, Raquel Sánchez. Dáse así resposta a unha demanda reiterada do sector empresarial e dos 17 concellos da Costa da Morte. «O Parador é un motor económico da comarca, cun índice de ocupación próximo ao 90% e cun cadro de persoal de máis de 50 traballadores, a maioría da zona. Esta ampliación reforza ese papel estratéxico», indicou o subdelegado.

Valentín González y Julio Castro con la palilleira Lucita Figueroa, en el Parador.

Valentín González y Julio Castro con la palilleira Lucita Figueroa, en el Parador. / Cedida

Asegurou ademais que o Parador de Muxía «representa a esencia da Costa da Morte: unha terra forte, unida ao mar, á súa cultura e á súa historia. Continuaremos traballando para que este proxecto siga xerando oportunidades e benestar na comarca», concluíu o subdelegado do Goberno.

Transformar o territorio

Pola súa banda, Valentín González, destacou que «o Parador é un exemplo de como os investimentos públicos ben planificados poden transformar un territorio e multiplicar as oportunidades para a veciñanza». Subliñou que «é un motor económico e unha referencia turística» e valorou positivamente a ampliación do tempo de apertura «xa que iso permitirá que a plantilla traballe todo o ano. É unha excelente noticia para a comarca: máis meses abertos significa máis emprego, máis actividade e máis retorno económico para o territorio».

Tracking Pixel Contents