Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un estudo buscará novas solucións técnicas á situación de exposición extrema do porto de Malpica

Afondará no coñecemento científico sobre o fenómeno da onda longa, pouco estudado e que non se tiña en conta na construción das infraestruturas portuarias

Marta Villaverde, flanqueada por José Antonio Álvarez, esquerda, e Eduardo J. Parga.

Marta Villaverde, flanqueada por José Antonio Álvarez, esquerda, e Eduardo J. Parga. / Cedida

Malpica

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este xoves unha reunión co alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga, para trasladarlle as actuacións previstas polo seu departamento para o reforzo da seguridade e mellora da operatividade na dársena do peirao malpicán.

A conselleira indicou que nos vindeiros meses desenvolveranse os traballos contemplados no convenio asinado polo ente público e a Universidade da Coruña para determinar novas solucións técnicas ante a situación de exposición extrema que sofre o porto de Malpica.

Portos investirá neste traballo de investigación 262.000 euros e a UDC realizará ensaios das posibles solucións técnicas na Dársena Multidireccional 3D do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, de recoñecido prestixio investigador. Este modelo físico a escala en tres dimensións de gran tamaño introduce unha compoñente de innovación de grande importancia nesta problemática, fronte aos modelos matemáticos.

O fenómeno da onda longa

O estudo farase en 10 meses e afondará no coñecemento científico sobre o fenómeno da onda longa, moi pouco estudado ata agora e que non se tiña en conta na construción das infraestruturas portuarias que están en uso actualmente.

Tracking Pixel Contents