Carballo fai máis accesibles trinta céntricas rúas e interseccións
O plan municipal avanza cun novo investimento de 164.599 €
Estanse a facer máis pasos de cebra, beirarrúas e zonas peonís

Obras de mellora da accesibilidade nunha das rúas do centro de Carballo. / Cedida
Despois das actuacións realizadas nos últimos anos no barrio das Flores, a zona da avenida Ponte da Pedra ou A Milagrosa, o plan de mellora da accesibilidade do Concello de Carballo segue e estenderse pola zona urbana, cun investimento de 164.599 €.
Entre as novas actuacións en marcha figura a execución de pasos de peóns totalmente accesibles. Dentro deste apartado realizaranse importantes melloras nas rúas e interseccións Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas-Carballo Calero, avenida de Malpica, Panamá-avenida Ponte da Pedra, Perú-glorieta Ponte da Pedra, Ecuador, Costa Rica, Vila de Corme-Vila de Arousa-Vila de Caión, Santa Eufemia-Gran Vía, Vila de Cee, Pintor Luis Seoane, Túnel-Gran Vía, San Xoán Bautista-Santa María-San Antonio, Costureiras, San Martiño, San Martiño-Río Lérez, San Martiño-Río Rosende e San Martiño-Río Deza.
Respecto ás beirarrúas, estanse construíndo unhas provisionais de formigón en zonas pendentes de desenvolvemento urbanístico, onde non existen ou están incompletas, como nas rúas Pan e Gravador Facal.
No tocante á mellora de espazos públicos a través de ampliación das zonas peonís, a mellora da sinalización vertical e horizontal, a reordenación do tráfico ou a instalación de pasos de peóns, levarase a cabo a mellora de espazos públicos na contorna da rúa Mirtos e na zona das rúas Perú e Baixa, e a obra civil para a colocación de pasos de peóns intelixentes na glorieta da avenida Ponte da Pedra e na rúa Perú.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago