Remata a rehabilitación das dúas vivendas para emerxencia social na antiga escola estradense de Cora
O Concello tramita a autorización con Política Social e elabora o regulamento que estableza os criterios e obrigas dos beneficiarios

Gonzalo Louzao, esquerda, visitando unha das vivendas. / Cedida
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, visitou as obras realizadas na antiga casa-escola da parroquia de Cora e que permitiron habilitar dúas vivendas para emerxencia social. Acompañado polas concelleiras Amalia Goldar e Mari Carmen Durán, do arquitecto técnico municipal e do responsable da empresa que executou os traballos, o rexedor puido comprobar o grado de coidado e confort que se imprimiu na reforma.
Esta actuación ten asociado un investimento de 85.000 euros, dos que ao redor de 72.000 serán aportados a través dunha axuda da Dirección Xeral de Inclusión Social, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade.
A obra atópase completamente rematada e só resta sumar algunhas pezas máis de mobiliario a cada unha destas dúas vivendas. As dúas teñen unha distribución idéntica e contan xa con cociña completamente equipada, incluídos os electrodomésticos, armarios nas habitacións e tamén unha mesa e catro cadeiras, ademais dunha estufa de pellets.
O Concello da Estrada é titular de varias edificacións situadas no rural que hai décadas estiveron vencelladas ao ensino, todos eles inmobles que tiveron como gran cometido facilitar o acceso á educación para moitos nenos e nenas do amplo rural estradense.
Coma no caso de Cora, a meirande parte destas edificacións posúen dúas plantas e están distribuídas e dous locais na planta baixa, cos seus respectivos aseos, e dúas vivendas no piso superior, no seu día para seren utilizadas polos mestres. A día de hoxe, se ben os locais situados na planta baixa se empregan como local social, as vivendas adoitan estar en desuso e, moitas veces, nun estado de abandono.
O Concello advertiu a oportunidade de aproveitar as axudas que a Xunta, a través do referido departamento autonómico, concede para a rehabilitación ou equipamento de edificacións en vivendas dos concellos de Galicia destinadas a atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea.
O proxecto de obras configurado dende o Concello da Estrada contemplou a retirada das deterioradas instalacións existentes nestas antigas vivendas escolares. Demoléronse alicatados e solados e instaláronse outros novos nos baños e cociñas, xunto coa pavimentación, en plaqueta cerámica, para toda a superficie das vivendas.
Fíxose un saneado de paramentos e teitos interiores mediante lixado, imprimación e pintado. As carpintarías exteriores e interiores son todas novas e dotouse ao inmoble de nova instalación eléctrica e de fontanería.
O Concello está elaborando un regulamento no que se recollan os criterios e obrigas do acceso a estas vivendas sociais, poñendo o acento en que serán sempre un recurso para estancias de carácter temporal, dirixido a persoas que carecen dunha vivenda que lles permita avanzar cara unha plena integración laboral e social. É dicir, o que se busca é que estes inmobles sexan ocupados de xeito temporal por persoas que, nun momento dado, precisan unha axuda de índole residencial para poder establecerse.
En todo momento esta ocupación sería supervisada e informada pola unidade técnica de Servizos Sociais.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre