Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O comercio local de Vimianzo mete no bombo 6.000 premios

Coas compras daranse tíckets para canxear por bólas, todas con agasallo | Hai ata un televisor, unha fritideira de aire e unha viaxe

Mónica Rodríguez, segunda pola esq., cos comerciantes, na presentación da campaña.

Mónica Rodríguez, segunda pola esq., cos comerciantes, na presentación da campaña. / Cedida

Vimianzo

O tecido comercial, as casetas do Recuncho Gastronómico e o Concello de Vimianzo organizaron unha campaña para estimular as compras de proximidade baixo a denominación Mercabólas, que estará activa dende o 9 de decembro ata o 10 de xaneiro. Sortearanse máis de 6.000 premios, entre os que se inclúen agasallos, vales de descontos e unha viaxe.

Todas as persoas que compren nos comercios adheridos e nas casetas do Recuncho Gastronómico recibirán un tícket que poderán trocar por unha bóla no Bombo de Nadal que estará localizado na carpa da praza consistorial. No caso das casetas gastronómicas, permitirase extraer unha bóla por cada oito tíckets.

O bombo estará dispoñible oito días: os xoves (agás o 1 e o 8 de xaneiro) dende as 12.00 horas e os sábados dende as 18.00 ata esgotar as 800 bólas do día, todas con premio. Nelas haberá, cada día, un premio especial, que entre outras cosas pode ser un televisor, unha fritideira de aire ou unha viaxe a Oporto.

O 5 de xaneiro todos os agasallos estarán pensados para a cativada; e o último día de bombo, 10 de xaneiro, a partir das 20.00, farase un sorteo extraordinario de 1.200 €. Cada persoa poderá canxear un máximo de tres tíckets por quenda e será imprescindible presentalo xunto co recibo de compra, agás no caso dos emitidos polas casetas.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, dixo que esta iniciativa «é un apoio fundamental para os nosos establecementos de proximidade nestas datas nas que as compras están á orde do día».

Tracking Pixel Contents