COMERCIO
Os comerciantes de Cee piden á Deputación ampliar o MercaNaVila
Propoñen para 2026 dúas campañas: primavera e outono

A campaña MercaNaVila xerou un volume de negocio de 1,12 M€ en Cee. / Cedida
Os comerciantes de Cee presentaron no Concello un escrito de agradecemento dirixido ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, polo éxito da campaña MercaNaVila, e piden que se amplíe o programa no vindeiro ano, con dúas edicións: unha campaña de primavera (marzo e abril) e outra outonal (outubro/novembro).
Aseguran que estas actuacións contribuirían "a reforzar a continuidade do comercio de proximidade e a consolidar o dinamismo económico da vila".
Destacan que esta iniciativa deixou "un impacto especialmente significativo" para o comercio local. Cee acadou o cuarto posto en volume de vendas da provincia, cun movemento económico de 1,12 millóns de euros, cifras que os comerciantes consideran "un auténtico impulso nun período tradicionalmente marcado pola caída do consumo".
A alcaldesa, Margot Lamela, xa remitiu o escrito ao presidente da Deputación, trasladándolle así a vontade do sector de recoñecer publicamente esta acción de dinamización comercial. O sector destaca que a sensibilidade amosada co pequeno comercio, "un dos máis vulnerables fronte ás grandes áreas comerciais e ao auxe das plataformas en liña, merece ser posta en valor".
Ademais, os comerciantes expresan o seu desexo de invitar ao presidente da Deputación a visitar Cee, para que poida coñecer de primeira man o impacto positivo da campaña e o papel central do comercio local como motor económico e social do municipio.
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?