POLÍTICA
O PP pregunta na Deputación polo convenio do polideportivo de Muxía
Asegura que en 2023 comprometeu un investimento de 300.000 €

Parte dos desperfectos da fachada do pavillón de Muxía. / Cedida
O Partido Popular formulará no próximo pleno da Deputación da Coruña unha pregunta sobre o convenio comprometido en 2023 para a reforma do pavillón municipal de Muxía, cun investimento de 300.000 euros.
A portavoz do PP, Sandra Vilela, asegura que o goberno municipal "leva reiteradas solicitudes de reunión sen resposta", algo que considera "inadmisible e impropio dunha administración que debería estar ao servizo de todos os concellos".
Pregúntase ademais se "cambiaron as necesidades dos muxiáns só porque cambiou a cor política do goberno local?". A este respecto, sinala que "cando gobernaba o PSOE a Deputación consideraba prioritaria esta obra, e agora con outro executivo democraticamente constituído parece desaparecer ese interese".
Por outra banda, Sandra Vilela lamenta "a falta de respecto institucional" do presidente da Deputación da Coruña, tras unha visita ao Parador "sen comunicar nin avisar ao goberno municipal". Cualifica esta situación como "un comportamento impropio dunha institución pública".
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos