Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

Costa da Morte sae á rúa para esixir máis profesores e coidadores nas aulas

As ANPAS din que «non se atendeu ningunha demanda»

Concentración en Cee para demandar máis profesores e coidadores.

Concentración en Cee para demandar máis profesores e coidadores. / Cedida

Nais, pais, veciños e representantes políticos saíron este luns ás rúas de Cee para demandar á Consellería de Educación que se atendan as demandas das familias para que os centros educativos de Costa da Morte dispoñan dos profesores especialistas (en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) e coidadores que veñen solicitando dende principios de curso.

Os participantes corearon lemas como Máis dereitos, menos recortes!, Xunta, escoita, as familias seguen na loita! ou Sen profesorado non hai educación nin inclusión!.

Un momento da concentración celebrada en Cee.

Un momento da concentración celebrada en Cee. / Cedida

«Ninguha das demandas foi atendida», afirmou Maika Cacheiro, presidenta da Federación de ANPAS Coruña-Costa da Morte, entidade organizadora da protesta. As principais demandas proceden do IES Agra de Raíces e o CEIPVila de Cee, e dos centros muxiáns IES Ramón Camaño, CEIP Os Muíños e CEIP Vilarmide, «pero tamén teñen carencias de profesorado en Camariñas e Fisterra», engadiu.

Aínda que a protesta de Cee se centrou nas deficiencias na Costa da Morte, «este é un problema que afecta a toda Galicia», afirmou a presidenta da federación.

Os asistentes concentráronse na Praza 8 de Marzo, de Cee.

Os asistentes concentráronse na Praza 8 de Marzo, de Cee. / Cedida

Por iso, ao acto sumáronse representantes da Federación de ANPAS de Galicia e de Lugo.

Na concentración tamén participaron representantes do BNG, entre eles o deputado Óscar Insua e o responsable comarcal Xurxo Rodríguez, e tamén do PSOE, que estivo representado pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela, e o deputado autonómico Aitor Bouza.

Tracking Pixel Contents