CERTAME
Premian a escolares de Laxe por unha viaxe galáctica a través dun vídeo científico
Recolleron en Santiago o galardón da Institución Galega da Ciencia

CEIP Cabo da Area
O alumnado do CEIP Cabo da Area, de Laxe, recibiu un dos cinco premios do Concurso Galego de Vídeos Científicos polo seu audiovisual Foguete de Cabo. Un vídeo científico no que os escolares explican a historia do poliedro Foguete, nacido para viaxar máis alá da atmósfera.
Os estudantes decoraron cada unha das caras do poliedro cos protagonistas das viaxes galácticas que precederon ao seu Foguete, e narran a súa historia a través do proxecto audiovisual.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, entregou os premios do certame convocado, ao abeiro do Mes da Ciencia en Galego, pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Xunta co obxectivo de promover entre a rapazada a innovación científica en lingua galega.
Estivo acompañado polo presidente de Igaciencia, Manuel Díaz Regueiro, e por alumnado e profesorado de centros premiados, aos que lle agradeceu a súa participación neste tipo de iniciativas.
"Fomentan a creatividade desde un enfoque multidisciplinar para reafirmar o valor da lingua propia no ámbito científico nunhas idades onde é tan importante a motivación e os referentes", celebrou Valentín García.
Ciencia, lingua e mocidade
Na edición 2025 resultaron gañadores, ademais do CEIP Cabo da Area, de Laxe; o instituto Menéndez Pidal da Coruña, polo traballo Estróbilo; o centro Eusebio da Guarda, da Coruña, por A Relatividade; a escola Virxe do Monte de Cospeito, polo proxecto O efecto invernadoiro: e a escola de Castroverde, por Somos materia de estrelas.
A rapazada gañadora, que expuxo no acto os seus traballos, recibiu un premio económico por centro, un lote de libros e un diploma acreditativo como agasallo.
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?