SECTOR PRIMARIO
Gandeiros e agricultores cobrarán antes de que remate o ano o 90% das axudas da PAC
A conselleira do Medio Rural visitou unha explotación láctea en Mazaricos

A conselleira do Medio Rural visitou a granxa Pazos SCG, de Mazaricos. / X. G.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou a explotación leiteira de vacún Pazos SCG, de Mazaricos, que conta con máis de 730 animais e unha base territorial de máis de 100 hectáreas de superficie.
Alí confirmou que a Xunta está pagando nesta semana máis de 125 millóns de euros das axudas da Política Agrícola Común (PAC) correspondentes a esta campaña de 2025. Así, engadiu, «estes días procédese a aboar o 90% das axudas directas e o 100% das destinadas a Zonas con Limitacións Naturais (ZLN)».

María José Gómez durante a visita á explotación láctea mazaricana. / X. G.
Os pagos desta semana, xunto co anticipo de 44 millóns que se fixo efectivo en outubro, xa suman un desembolso de 170 millóns de euros, o que representa o 80% do total previsto de todo o orzamento dos dous fondos da PAC nesta campaña de 2025. E, así, para 2026 só restaría por pagar o 10% das axudas directas e as axudas agroambientais.
Ao tempo, a titular da Consellería do Medio Rural salientou que a Xunta de Galicia segue traballando en todas as instancias a prol dunha PAC «ben dotada de orzamento e que continúe cumprindo a súa finalidade de apoiar a produción agroalimentaria de calidade e o desenvolvemento rural en Europa».
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»