TURISMO
Novo miradoiro sobre o río Anllóns en Ponteceso
O proxecto, impulsado pola Deputación, está orzamentado en 62.276 €

Desembocadura do río Anllóns, en Ponteceso. / Turismo de Galicia
A Deputación da Coruña licitou as obras do novo miradoiro sobre o río Anllóns, en Ponteceso, cun orzamento de 62.276,90 euros. O proxecto finánciase con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Destinos (PSTD) Os Fogóns do Anllóns, impulsado pola institución provincial e financiado con fondos Next Generation EU.
O prazo para presentar ofertas permanecerá aberto ata o 17 de decembro e o prazo de execución das obras é de dous meses.
O proxecto permitirá recuperar e poñer en valor un espazo natural de enorme interese paisaxístico, situado xunto á desembocadura do río Anllóns e moi próximo á Casa de Pondal.
A actuación prevé a rehabilitación integral da zona do miradoiro mediante a substitución do valado deteriorado por un novo valado de madeira de iroko, a instalación dunha barandilla de vidro templado que permitirá unha panorámica limpa da ría e a renovación completa das luminarias con modelos integrados no entorno e certificados para contornas Starlight.
A intervención inclúe tamén a mellora do mobiliario urbano, a instalación dun banco-tumbona e o resembrado da zona, garantindo unha integración harmoniosa coa contorna e un respecto máximo polos valores naturais do espazo.
O proxecto forma parte da estratexia provincial para reforzar o turismo sustentable na Costa da Morte.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte