Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÍTICA

O PSOE cualifica de "taxazo" o custo dos campamentos de conciliación en Muxía

Iago Toba asegura que "pasamos de 0 a 300 euros"

Iago Toba, no centro, cos concelleiros do PSOE de Muxía.

Iago Toba, no centro, cos concelleiros do PSOE de Muxía. / Cedida

Muxía

O grupo municipal do PSOE de Muxía impulsará diversas iniciativas para conseguir "a eliminación do taxazo que impuxo o goberno local para os campamentos de conciliación".

A este respecto, o portavoz socialista, Iago Toba asegura que "pasamos de 0 euros na época do noso goberno aos 300 € actuais por usuario". Sinala que levan "moitos meses" avisando de que esta situación ía ser unha realidade, "e o executivo negaba a evidencia".

Toba subliña que "nun ano pasamos de ser o concello co campamento máis barato a ser o máis caro da Costa da Morte". Por iso, o seu grupo pedirá que se volva aos plans de conciliación anteriores "onde o servizo non se repercutía nas familias, non había listaxe de espera nin mermas na calidade das actividades".

Os socialistas aseguran que unha familia media con dous fillos "terá que aboar 600 euros para poder conciliar, o cal consideramos un auténtico despropósito e un machetazo aos petos das familias, que xa viron como subiu a auga e outros servizos municipais de maneira inxusta e desproporcionada".

Dende o PSOE lamentan ademais que para poder activar estas taxas, o bipartito (IxMuxía e PP) conte coa "colaboración necesaria do BNG".

Tracking Pixel Contents