NADAL
Aguiño inaugura un Belén cun cento de figuras
As novidades: unha muller escorrentando un rato, un alfareiro e un carniceiro

Acto inaugural do Belén municipal de Aguiño. / Cedida
Redacción
Pastores, labradores, artesáns, os Reis Magos seguindo a estrela de Oriente... E, por suposto, o Nacemento. A parroquia ribeirense de Aguiño inaugurou o seu Belén municipal, composto por un cento de figuras, 75 delas mecanizadas. Ademais, con tres novidades: unha muller escorrentando un rato, un alfareiro e un carniceiro.
A cita congregou á veciñanza no adro da igrexa e procedeuse coa bendición do Nacemento. Durante o acto de apertura, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, destacou que "con este tipo de propostas tamén descentralizamos a actividade de Nadal da cidade para levala ás parroquias. A instalación deste Belén municipal en Aguiño xa se converteu en tradición ao longo destes últimos anos e non podía faltar a súa apertura por estas datas. É un pracer facer comunidade con este tipo de actos, alentando máis o espírito propio destas festas".
A rexedora tamén tivo palabras de agradecemento para Miguel Abraldes, quen cedeu as pezas, e para o equipo de carpintería da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) pola montaxe, representado alí por Manolo Casais. A música da xornada chegou da man da Charanga Fanfarria Furruxa e tampouco faltou o chocolate con churros para pór o toque doce.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón