Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

O BNG demanda o reforzo da liña de autobuses entre Carballo e A Coruña

Denuncia que se prioriza o embarque de quenes viaxan ata Fisterra

Representantes do BNG, á esquerda, diante dunha das paradas de bus en Carballo.

Representantes do BNG, á esquerda, diante dunha das paradas de bus en Carballo. / Cedida

Carballo

As carencias no servizo de transporte público entre Carballo e A Coruña chegarán de novo ao Parlamento da man do BNG, que solicitará o reforzo das liñas directas «establecendo máis frecuencias que partan das dúas estacións, nomeadamente nas franxas horarias de maior demanda».

Ademais, pedirán á Xunta que lle comunique á empresa concesionaria do servizo «que non está permitido establecer prioridades de embarque no transporte público».

Unha petición amparada nas queixas dos usuarios que «cando queren desprazarse da Coruña a Carballo non se respecta a orde de chegada na cola de embarque, senón que a empresa prioriza ás persoas que viaxan até o final da ruta a Fisterra, excluíndo ás que se dirixen a destinos intermedios», subliñan.

Por iso, dende o BNG piden tamén que a Xunta «adopte as sancións e as penalidades contractuais que procedan polos feitos acontecidos e confirmados pola propia empresa».

Os nacionalistas din ademais que quenes viaxan de Carballo a Coruña, dado que os autobuses dispoñen «de moi poucas prazas», moitas veces deben esperar á seguiente viaxe, xa que os buses proveñen da Costa da Morte e chegan coa maioría das prazas cubertas. Moitas das alternativas non son directas e duplícanse os tempos.

Tracking Pixel Contents