SERVIZOS
Ribeira dotará de fibra óptica unha vintena de vivendas de Cobas
O Concello planea estender a rede a outros núcleos municipais

Álex Vidal na xuntanza coa veciñanza de Cobas. / C. Ribeira
Redacción
A veciñanza do lugar de Cobas, na parroquia de Castiñeiras (Ribeira) disporá da demandada fibra óptica. Así o confirmou o concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, nunha xuntanza na que deu conta dos pasos dados polo Concello para dotar deste servizo ao referido núcleo ribeirense.
A instalación da rede beneficiará a preto dunha vintena de vivendas. «Esta era unha demanda veciñal que levaba pendente máis de dous anos sen ter resposta. Somos conscientes de que, nun mundo cada vez máis dixitalizado, é necesario ter unha boa conexión a Internet para o día a día e, como Administración pública, temos o deber de garantir estes servizos á cidadanía, xa que, incluso, moita tramitación se ten que facer por vía telemática», afirmou o concelleiro.
A dotación deste servizo para Cobas xa foi aprobada en Xunta de Goberno e incorporarase na planificación de obra «coa pretensión de que se acometa en pouco tempo», subliñou.
Álex Vidal adiantou, así mesmo, que a Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías ten marcada unha folla de ruta para que a fibra óptica chegue a máis espazos do municipio que non dispoñen de fibra óptica, tanto da cidade como das parroquias.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia