MOSTRA
Boiro reúne profesionais da camelia de Galicia, Asturias e Portugal
A exposición compleméntase con artesanía, pintura e música

José Ramón Romero, Loli Castiñeira, centro, e María Outeiral no acto inaugural. / Cedida
O Concello de Boiro converteuse esta fin de semana nun escaparate internacional de camelias, con motivo da vinte e unha edición da Exposición da Camelia Sasanqua e outras, unha cita que reúne no mercado municipal unha trintena de expositores de toda Galicia, Asturias e tamén Portugal.
O alcalde, José Ramón Romero, participou na inauguración da mostra xunto coa concelleira de Turismo, María Outeiral. «Esta cita coa camelia está máis que consolidada no noso municipio e reúne a camelistas de toda a comunidade e tamén de Asturias e Portugal, o que é para nós unha honra», afirmou o rexedor.
No acto tamén participaron o concelleiro de Turismo do municipio portugués de Celorico de Basto, José Sousa; o tenente de alcalde de Luarca, Jesús Fernández; e a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira.
A mostra, que está aberta ao público toda a fin de de semana, compleméntase cunha exhibición artesanal a cargo da agrupación Palilleiras Revoloteir@s, e co espectáculo familiar C@nto contigo de Paco Nogueiras.
Pinturas e artesanía
Asemade, os asistentes poden gozar no local multiusos do mercado municipal de Boiro da exposición de Rosa Crespo Pintando y disfrutando entre camelias e de varios postos artesanais, como os de Artesanía Mosaico en Caços de Portugal, Orfebrería Hedra de Vilaboa, e Flor de Camelia-Licores de Camelia de Portugal.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro