O director do Instituto de Negreira rexeita que exista un "problema xeralizado de convivencia"
Lembra que o IES Xulián Magariños "é un centro recoñecido pola súa tranquilidade e polo bo clima" e que a ratio está nos límites
Resposta así ás valoracións dos pais diante da marcha que convocaron para este martes entre o centro e a casa do concello

O Instituto Xulián Magariños de Negreira / GM
O director do IES Xulián Magariños de Negreira manifesta o seu «absoluto desacordo» co contido da información remitida polos convocantes da marcha contra a presunta conflictividade neste centro trasladada polos convocantes o sábado.
Segundo di José Luis Mateos, «quero deixar constancia de que a suposta conflictividade á que se fai referencia na noticia non se corresponde coa realidade. O IES Xulián Magariños é un centro recoñecido pola súa tranquilidade e polo bo clima de convivencia, tanto para o traballo docente como para o estudo do alumnado, non só no Concello de Negreira senón en toda a Área de Santiago. Non existe ningún problema xeralizado de convivencia no centro».
Sempre dilixente
Tamén lembra que «a dirección actúa sempre con dilixencia ante calquera conduta contraria ás normas de convivencia, aplicando estritamente a normativa vixente e adoptando as medidas correctoras que correspondan en cada caso. Do mesmo xeito, a ratio de alumnado por grupo atópase dentro dos límites establecidos pola lexislación educativa actual».
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?