Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Alertan dunha posible estafa en Carballo sobre a calidade da agua

O Concello e Gestagua avisan de que non son necesarios filtros de carbono

Concello y concesionaria aseguran que la calidad del agua está garantizada.

Concello y concesionaria aseguran que la calidad del agua está garantizada. / Cedida

Carballo

O Concello de Carballo e a empesa concesionaria do ciclo integral da auga, Gestagua, alertan ante a posibilidade dunha presunta estafa vinculada ao referido servizo por parte de persoas que pretenden vender filtros de carbono aos usuarios.

Así, na referida empresa están a recibir chamadas de veciños e veciñas solicitando información sobre as visitas que están a recibir nos seus domicilios coa suposta finalidade de mellorar a calidade da auga.

A este respecto, desde o Concello de Carballo aclaran que nin a Administración local nin Gestagua «teñen ningunha relación coas visitas».

Subliñan ademais que o uso de filtros de carbono que lle están a ofrecer aos usuarios «é innecesario para ter auga de calidade, xa que a auga de Carballo conta con todos os medios técnicos e humanos, e realízanse os controis necesarios para garantir esa calidade».

No caso de precisar máis información piden á veciñanza que se poña en contacto con Gestagua chamando ao número de teléfono 900 907 363.

Visitas ás instalacións

Así mesmo, desde a empresa concesionaria e desde o Concello de Carballo ofrécese á veciñanza a posibilidade de organizar rutas polas instalacións, en visitas grupais, para coñecer o funcionamento do servizo.

Tracking Pixel Contents