FIOT
‘Territorio Regueifa’ retoma os escenarios coa estrea en Carballo
A obra está protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira

Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira protagonizan `Territorio Regueifa'. / C.
Tras a cancelación da estrea inicial no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT34) debido a unha baixa médica, Territorio Regueifa retomou a súa presenza pública cunha mostra no Culturgal 2025, onde o público puido coñecer a esencia do proxecto e gozar dunha pequena demostración da regueifa.
Agora, a proposta prepárase para o vindeiro 6 de febreiro de 2026, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo. O espectáculo é unha coprodución de Ainé, FIOT Carballo e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.
A obra mestura historia, humor, música e improvisación, ofrecendo unha experiencia participativa que pon en valor a tradición oral galega. Sobre as táboas, o público poderá achegarse á creatividade e á retranca propia deste xénero, nun formato que mestura teatro e interacción.
Territorio Regueifa consolida esta disciplina como un patrimonio vivo, capaz de unir diversión, coñecemento e emoción nun espectáculo festivo e participativo, ofrecendo unha oportunidade única para gozar en directo dunha das expresións máis singulares da nosa tradición.
As entradas estarán dispoñibles a partir de xaneiro.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- Licitan por 12,8 millones el mantenimiento de las instalaciones hospitalarias en Santiago
- Reurbanización de Santiago de Chile: o proxecto piloto para mudar o Ensanche
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico