CIENCIA
AstroGalicia converte Arzúa no epicentro da astronomía
O encontro internacional xuntará a divulgadores científicos de recoñecido prestixio

O alcalde, Xesús Carril, no centro, presentando a programación. / C. Arzúa
O Concello de Arzúa acollerá esta fin de semana, os días 20 e 21, AstroGalicia 2025, un evento xa consolidado que converte o municipio nun punto de encontro para a divulgación científica e a astronomía en Galicia.
Reunirá a persoas investigadoras, divulgadoras e afeccionadas á astronomía, cun completo programa que inclúe charlas especializadas, obradoiros, seminarios, observacións solares e nocturnas, así como actividades paralelas abertas ao público. As inscricións aos cursos continúan abertas e poden realizarse a través da web oficial do evento: https://ceosgalegos.com/astrogalicia25-o-programa/.
Participarán relatores de recoñecido prestixio no ámbito da astronomía e da divulgación científica, como Ana Ulla Miguel, vinculada á misión Gaia; Francisco Javier Castander, investigador asociado á misión espacial Euclid; Ricardo Rizzo, especialista no estudo das estrelas masivas; Salvador Bará Viñas, referente internacional na análise do impacto das megaconstelacións de satélites; Raúl Hussein, divulgador e experto en astrofotografía, ou Martin Pawley, divulgador científico, entre outros.
O evento complétase cunha programación que inclúe exposicións e unha tenda con libros de divulgación e materiais relacionados coa astronomía.
O alcalde, Xesús Carril, sinalou que esta edición de AstroGalicia 2025 «sitúa Arzúa como epicentro da divulgación científica galega, grazas á presenza de poñentes de prestixio a nivel nacional e internacional».
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%