Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

'Combate poético' de Roberto Traba e Modesto Fraga en Fisterra

Protagonizarán unha velada literaria con todo tipo de recursos

Roberto Traba e Modesto Fraga protagonizarán o 'combate poético'.

Roberto Traba e Modesto Fraga protagonizarán o 'combate poético'. / Cedida

Fisterra

O bar A Galería, de Fisterra, acollerá este venres, día 19 ás 19.19 horas, unha gran velada literaria que, por primeira vez, xunta dous poetas fisterráns: Roberto Traba (Finito da Poza Choca) e Modesto Fraga (O neno do Montarón).

"Ímonos retar liricamente nun duro combate poético. Só un quedará en pé. Ou quizais non", afirman os protagonistas.

Segundo as normas establecidas no artigo noveno da Lei Poética da Fisterranía, engaden, "están permitidos todo tipo de recursos literarios: metáforas, alegorías, hipérbatos, anáforas, sinalefas, hipérboles, anadiploses e demais trasuntos da versificación".

Exercerá como árbitro imparcial o recoñecido saxofonista Juanma Abelleira Ronquete, "O semifusa de Corcubión", quen velará por facer cumprir as normas con equidade, boa música e xustiza poética. A entrada é libre e gratuíta.

Tracking Pixel Contents