SILLEDA
A Fundación Semana Verde bate o récord de facturación da Central Agropecuaria: 58 M€
Acolleu 27 eventos maiores, igualando o máximo acadado no 2021

Reunión do Padroado Fundacion Semana Verde en Silleda. / Picasa
Redacción
O padroado da Fundación Semana Verde de Galicia fixo balance do ano 2025 e presentou os orzamentos para 2026, nunha xuntanza presidida polo secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta, Javier Abad.
No encontro destacouse a celebración este ano de 27 eventos maiores, cifra que iguala o récord de eventos anuais conseguido en 2021. A estas citas súmanse neste exercicio unha vintena de eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia Abanca.
En canto a esta última, destacan neste exercicio as transaccións xeradas, xa que a falta de sumar os resultados da sesión especial de becerros carniceiros e vacún maior que terá lugar na Central Agropecuaria o 29 de decembro, xa rexistra unha facturación de récord ao superar os 58 millóns de euros, fronte aos máis de 38 millóns do ano pasado, cifra que tamén daquela supuxo a máxima da historia deste mercado.
No que se refire ao calendario da Fundación é relevante o crecemento en todas as feiras. Así, o certame agropecuario Abanca Cimag-GandAgro, reuniu un 20% máis de firmas e un 4,3% máis de público que na anterior cita; a feira de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo contou cun 19,2% máis de expositores; e a de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia celebrou a súa maior edición, cun 11,3% máis de empresas, unha superficie un 26,7% maior e un 8,8% máis de visitantes.
Tamén a feira Abanca Semana Verde rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 18 anos, ademais de ser a cita máis internacional dos últimos 20 anos desta feira multisectorial e recibir a 112.200 visitantes, un 32% máis que en 2024.
Por outra banda, analizouse o orzamento previsto para o ano 2026, o cal será de case catro millóns de euros, unha cifra lixeiramente superior ao de 2025.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón