SERVIZOS
Novo vehículo para a Policía Local de Malpica
Foi financiado cunha subvención da Xunta de Galicia

O alcalde, Eduardo Parga, no centro, no acto de entrega do vehículo á Policía Local. / Cedida
O Concello de Malpica de Bergantiños incorporou un novo vehículo ao parque móbil da Policía Local, co obxectivo de mellorar a prestación dos servizos de seguridade cidadá e reforzar os medios materiais do corpo policial.
A adquisición do vehículo foi posible grazas a unha subvención competitiva concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, no marco do Fondo de Compensación Ambiental 2025, cunha contía total de 32.186 euros.
"Este novo recurso permitirá optimizar os desprazamentos, incrementar a capacidade de resposta ante incidencias e mellorar as condicións de traballo da Policía Local, redundando nun servizo máis eficaz e próximo para a veciñanza", segundo subliña o alcalde, Eduardo Parga.
Desde o Concello de Malpica de Bergantiños destácase tamén a importancia deste tipo de axudas, "que permiten ás administracións locais continuar investindo en seguridade, modernización e mellora dos servizos públicos, contribuíndo así ao benestar e á calidade de vida da cidadanía".
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia