O BNG denuncia o veto do PP ao arranxo da ponte de Maroxo, en Arzúa
Destaca a "incoherencia" dos populares por rechazar no Parlamento galego unha actuación que apoiaron no pleno do Concello

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, centro, e Iria Carreira, á súa dereita, con edís e outros membros do BNG. / Cedida
Unha vez concluído o trámite parlamentario do proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2026, o BNG denuncia o voto en contra do Partido Popular a todas as emendas formuladas pola formación nacionalista “nun exercicio claro de absolutismo e falta de diálogo”, salienta Iria Carreira, deputada no Parlamento galego.
Nomeadamente, desde o BNG lamentan o voto en contra á emenda que buscaba introducir unha partida específica para a reconstrución da ponte caída sobre o río Iso na estrada a Maroxo, en Arzúa. Un voto en contra que se produce só uns días despois de que o mesmo Partido Popular votase a favor da moción defendida polo BNG no pleno municipal deste mes de decembro, onde se recollía a petición dunha dotación singularizada para esta infraestrutura.
"Esta é unha mostra máis da incoherencia do Partido Popular e unha evidencia da falta de interese real por solucionar os problemas diarios da veciñanza arzuá”, apunta Lucía López, voceira municipal do BNG. "Trátase dunha infraestrutura importante para o noso rural, onde o Concello fixo o seu traballo mais coa que cómpre que outras administracións colaboren economicamente”., engadiu.
Ademais, López remarca que “o señor Rivadulla terá que dar explicacións ante a veciñanza de Arzúa desta falta de coherencia do Partido Popular e de por que os seus compañeiros no Parlamento galego votaron en contra dun investimento tan necesario”.
Outras cuestións específicas de Arzúa que, segundo o Bloque, foron excluídas dos Orzamentos da Xunta para 2026 polo voto en contra do Partido Popular son investimentos singularizados para unha reforma integral do CEIP de Arzúa, a pesar de que tamén neste caso o PP de Arzúa tivera votado a favor desta cuestión no pleno municipal; para o incremento de chan industrial no municipio ou para a rehabilitación do complexo deportivo de Portodemouros.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%