INFRAESTRUTURAS
A prolongación da autovía da Costa da Morte licitarase nas vindeiras semanas
No primeiro trimestre de 2026 contratarase o proxecto do novo treito ata Berdoias

A Xunta prolongará a autovía ata o cruzamento da AC-432 en Vimianzo. / J. M. R.
O deputado do PP, Roberto Martínez, anunciou no Parlamento que as obras de prolongación da autovía de Costa da Morte, dende Santa Irene ata Vimianzo, licitaranse «nas próximas semanas».
Adiantou ademais que no primeiro trimestre de 2026 «licitarase o proxecto do seguinte treito ata Berdoias para completar 16 quilómetros máis».
A prolongación entre Santa Irene e o cruzamento da AC-432 terá formato de corredor, cun só carril para cada sentido, aínda que disporá de carrís de adiantamento «en case todo» o trazado, segundo Martínez.
Uns anuncios que chegaron entre críticas de BNG e PP. O deputado nacionalista Oscar Insua, denunciou que «os veciños e veciñas da Costa da Morte seguen sufrindo a discriminación da Xunta», e subliñou que «foi o BNG quen logrou desbloquear un proxecto que levaba no caixón desde 2019».
Pola súa banda, a deputada do PSdeG-PSOE, Patricia Iglesias, recordou que a veciñanza da zona «leva vinte anos esperando o que lle foi prometido reiteradamente por varios gobernos do PP» e soporta portaxes «inxustas, discriminatorias e cada vez máis caras entre Carballo e A Coruña».
Denunciou tamén «a incoherencia do Goberno de Rueda e o abandono ao que ten sometida á Costa da Morte».
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- Licitan por 12,8 millones el mantenimiento de las instalaciones hospitalarias en Santiago
- Reurbanización de Santiago de Chile: o proxecto piloto para mudar o Ensanche
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico