O BNG esixe ao Goberno “transparencia total” sobre a hidroeléctrica reversible Montemaior que se instalará na Laracha
A senadora Carme da Silva demanda a información do proxecto subvencionado con 40 millóns de euros polo IDAE

A senadora do BNG Carme da Silva. / Cedida
O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar ao Goberno do Estado información sobre o proxecto (subvencionado con 40 millóns de euros polo IDAE) para a construción da central hidroeléctrica reversible de Montemaior que, finalmente, coñécese que se instalará na Laracha.
A senadora do BNG, Carme da Silva, reclama ao Executivo a “máxima transparencia” e coñecer toda a información que tivo o Goberno para decidir subvencionar este proxecto “tecnicamente moi complexo e que suporá un enorme impacto ambiental, social e patrimonial, ao coñecerse que será un bombeo fóra do dominio público hidráulico con balsas artificiais”.
Durante a Comisión de Transición Ecolóxica do Senado, a senadora do BNG preguntoulle ao secretario de Estado de Enerxía sobre este proxecto e lembrou que o IDAE (organismo pertencente ao Goberno do Estado) concedeu unha subvención pública cifrada en 40 millóns de euros.
“Cando fixemos esta pregunta non sabíamos, igual que a sociedade galega, onde ía estar esta central hidroeléctrica reversible de Montemaior porque, a pesar de que Montemaior non é un topónimo habitual en Galicia, existen moitos no país”, afirmou Carme da Silva durante a pregunta, mostrando así a "opacidade" do proxecto durante estes meses.
"O Goberno confirma que este proxecto se asentaría na Laracha e consistiría nun bombeo fora do dominio público hidráulico con balsas artificiais", explicou Da Silva. Ante esta nova información, a senadora nacionalista demanda toda a información posible e sinala que esta actuación por parte do Goberno do Estado é “máis unha mostra de como está poñendo o noso país sumido aos intereses das eléctricas”.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico