Escolares de Carballo cambian as regras do xogo para practicar deporte inclusivo
A Agrupación Deportiva Un Paso Máis organizou no CEIP Xesús San Luis Romero actividades de baloncesto en cadeira de rodas, voleibol sentado ou un circuíto para invidentes

Participantes na actividade de baloncesto en cadeira de rodas. / Cedida
As instalacións do CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo transformáronse nun escenario de convivencia e descubrimento. A visita de varios integrantes da Agrupación Deportiva Un Paso Máis non foi unha actividade extraescolar calquera; foi unha lección de vida que permitiu a escolares e docentes poñerse na pel do outro, explorando o mundo a través de capacidades diversas.
O pavillón e os espazos deportivos do centro vibraron cunha enerxía especial. A agrupación deseñou un completo abano de actividades onde as regras do xogo cambiaron para dar paso á inclusión total.
Os alumnos e alumnas puideron participar en modalidades que desafiaron os seus sentidos e as súas habilidades motrices: baloncesto en cadeira de rodas (onde a forza dos brazos e o equilibrio foron as claves); circuíto para invidentes e Blind Fútbol (un reto para o oído e a confianza, aprendendo a desprazarse e xogar sen o sentido da vista); e voleibol sentado e circuíto de mobilidade reducida (experiencias que demostraron que o esforzo e a estratexia non entenden de límites físicos).
Os rapaces non só xogaron, senón que puideron reflexionar sobre as dificultades que presentan estas modalidades fronte ás ordinarias. Esta análise crítica axúdalles a comprender que a discapacidade non é unha limitación da persoa, senón a miúdo unha barreira do contorno que todos e todas podemos axudar a derrubar.
Unha das notas máis destacadas do día foi a participación unánime. Desde os nenos e nenas de Educación Infantil, que con curiosidade e naturalidade se achegaron ás novas dinámicas, ata os maiores de sexto curso, que amosaron unha gran madurez e espírito de equipo.
Os docentes tamén se sumaron á experiencia, compartindo risas e retos co seu alumnado. Esta implicación do profesorado é fundamental para transmitir o mensaxe de que a educación en valores e o respecto pola individualidade de cada neno e nena son piares fundamentais no desenvolvemento humano.
"Estas actividades son para todas as idades e condicións. O noso obxectivo é que cada neno sinta que pode participar e que a súa forma de facelo é única e valiosa", lembraron desde a directiva de Un Paso Máis.
Con esta visita ao Xesús San Luis Romero, a Agrupación Deportiva Un Paso Máis pecha un ciclo de encontros escolares este ano, tras o éxito acadado a pasada semana nas escolas unitarias do CRA Ponte da Pedra. Aínda que o calendario escolar remata por este 2025, a entidade xa confirmou que ten a axenda de 2026 cargada de novos proxectos e visitas para seguir sementando a semente da inclusión en toda a comarca.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?