Falece aos 80 anos Flora Carral, a expresidenta da cultural barcalesa Afonso Eanes
Era licenciada en Historia da Arte pola Facultad de Artes y Letras da Universidad de La Habana
A súa nai era natural da Baña, o seu pai de Lalín e estaba vencellada ao Centro Galego da capital cubana

Flora Carral, expresidenta da AC Afonso Eanes do Cotón recentemente falecida aos 80 anos / Omaira Lista
Faleceu a expresidenta da Asociación Cultural Afonso Eanes do Cotón, Flora Carral Pérez Florita (A Habana, 1945 – A Coruña, 2025), aos 80 anos. Así llo fixo saber a súa filla, Anet, ao historiador negreirés Amancio Liñares, que lembra que Flora era licenciada en Historia da Arte na Facultad de Artes y Letras pola Universidad de La Habana, e desenvolveu a súa vida laboral como museóloga no museo habaneiro de El Vedado e participara na campaña de Alfabetización levada a cabo pola revolución cubana nos primeiros anos da década de 1960.
Foi a primeira das presidentas da entidade cultural de Barcala antes citada, e tamén traballou en gabinetes ministeriais nos primeiros anos do proceso revolucionario. No seu fogar de Centro Habana escoitou e puido falar en galego con seus pais, naturais da parroquia de Monte, A Baña e de Lalín (seu pai). Unha familia vencellada ó Centro Galego e á Unión Barcalesa da Habana. "Alá a coñecemos na nosa viaxe do ano 1994", subliña Liñares Giraut.
Retorno a Galicia
No seu retorno a Galicia, xa a mediados da década de 1990, foi ben acollida pola veciñanza e viviu en Negreira, integrouse na vida local e mesmo asumiu nun tempo a presidencia da Asociación Cultural Afonso Eanes. Aquí deu clases particulares e fixo coidado de persoas maiores, ata a súa xubilación.

A frecha amarela sinala a Flora Carral nun acto público na vila de Negreira / Cedida
"Vaia o noso sentimento de agarimo, de pésame e solidariedade para a súa filla -Anet Beiro Carral-, o seu irmán –Camilo-, para a súa familia do Rucheiro e de Lalín e mais para as súas amizades; botarémola en falta na paisaxe humana da nosa vila do Cotón. Neste outono, a marcha ó alén de dous amigos –Romarís e Flora– xera un baleiro no noso círculo arredor da Cultural barcalesa e do valor da amizade. Ai, a vida e a morte!", remata Amancio Liñares.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón