Concello de Tordoia e Deputación da Coruña renovan o acordo para a xestión do dolmen de Cabaleiros
As visitas guiadas realizaranse os sábados, domingos e festivos, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, de 11.00 a 19.00 horas, con entrada de balde.

Xosé Luís Penas, esquerda, e Antonio Pereiro. / Cedida
Redacción
O deputado provincial de Patrimonio, Xosé Luís Penas, asinou co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, a renovación do convenio de colaboración (ata marzo de 2027) para a xestión integral e a atención de visitantes do dolmen de Cabaleiros, un dos principais elementos do patrimonio megalítico da comarca de Ordes.
O Concello asumirá a xestión da atención ao público, incluíndo a organización de visitas guiadas, información e divulgación.
O acordo recolle tamén a obriga de manter o monumento e o seu entorno en perfectas condicións de conservación e limpeza.
A Deputación aporta ata 10.000 € para o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2026 a fin de garantir o correcto funcionamento do servizo de atención a visitantes.
As visitas guiadas realizaranse os sábados, domingos e festivos, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, de 11.00 a 19.00 horas, con entrada de balde. O dolmen poderá visitarse todos os días, reforzando así a súa condición de recurso patrimonial e turístico.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%