SANIDADE
Demandan reforzos médicos nos centros de saúde da Costa da Morte
O BNG denuncia que en Camariñas dan citas para o 9 de xaneiro

Concentración diante do centro de saúde de Camariñas. / Cedida
O BNG da Costa da Morte vén de pedir reforzos médicos nos centros de saúde que se atopan colapsados. Os nacionalistas aseguran que «é o caso de Vimianzo, que están dando citas para o 2 de xaneiro; en Cee, para o día 7; ou en Camariñas, para o 9».
«Unha demora de case vinte días no caso de Camariñas, por causas que descoñecemos, pero que en todo caso é inxustificable, e que debe ser solucionada de forma inmediata», indican dende o BNG. Subliñan que «esta situación provoca que os doentes teñan que desprazarse a outros centros como o PAC ou ás urxencias, e que acaben estas conxestionadas e saturadas».
Desde a formación nacionalista esixen á Xunta de Galiza que reforce o personal médico nestes centros durante o Nadal, «porque todos os anos pasa o mesmo, e as zonas rurais sempre somos as máis prexudicadas».
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia